Xuño 2015 na Casa Colorida

Posted · Add Comment

As pasadas semanas foron moi intensas e criativas na Casa.

A Horta e a Residencia Colorida

11698770_883250098436159_2790393633134755776_o

Temos a casa chea de xente, sobre todo de residentes woofer, que están dando unha forza incrible á horta, especialmente dende a chegada de Lilian e Julie, que se integraron de unha no proceso da casa e están facendo un traballo enorme na sistematización e coordinación do traballo, mais tamén agora co apoio de Didi e Arthur, especialistas en bioconstrucción con cana e prantas menciñeiras. Chegaron viaxando todo o camiño de Santiago dende Francia, acompañados dos seus animais compañeiros, o burriño Fernandel, a cabuxa Gladys e o can Baiat, que están a habitar o espazo arredor da horta, sorprendendo aos viciños que pasan. Estes días tamén tivemos na Casa a outro woofers que aportaron moito á grande experiencia colectiva: David e Bea de Madrid, Lucía, Gago e Vito de Italia e Gara de Euskadi.

11707809_885445941549908_5289832078733486246_o 11722144_883251215102714_8539905572335166154_o 11223358_883257165102119_1831093987219294957_o 11402857_883253835102452_6356212039757487040_o

10866209_885445914883244_1059306574033405554_o

Grazas ao seu esforzo e alegría o espazo creativo que queremos que sexa a horta Colorida está mais fermoso que nunca, e os vexetais de tempada están a medrar ben fortes e coidados 🙂 Temos millo, cabazas, pepinos, tomates, pemento, cabaciños, acelga e espinaca, xudías e algunha herba aromática. O fento e os restos de herba da sega e limpeza do campo adornan de cores a terra entre prantas, protexendoa e nutríndoa ao tempo.

Arthur construiu un espazo de descanso con cana aproveitando o espazo que hai libre no galiñeiro, na parte traseira da horta.

A vivencia foi medrando dun xeito incrible, integrando ás persoas e xerando relacións de amizade e bon humor que encheron o espazo de risas, músicas e trocas. Temos unha mesa nova que rixe o espazo central, unha mesa grande dunha grande familia 🙂 na que podemos ollarnos mellor as caras no xantar e á cea, onde as sobremesas esténdense xerando mais integración entre as persoas e onde podemos asamblear mais cómodamente.

10999501_874870019274167_2410706768593066704_oNunha das esquinas da casa, xunto á ventá principal onde unha mesiña baixa e unhas cadeiras invitan ao descanso, está collendo forza un pequeno espazo común de músicas, no cal compartimos coñecementos na guitarra e as percusións, onde tocamos e cantamos variedade de cancións, ritmos de samba e bossa, melodías francesas, clásicos xamaicanos… Todo o mundo sabe algunha cousa, canta algunha cousa, aprende algo novo, e mentres, as noites esténdense nun relaxo ben merecido e compartido con alegría.

O Comedor Popular da Colorida

11406225_874870025940833_2398454552668900449_o 11046234_874870502607452_3867683130036847791_oEse espazo de compartividade aberta que tivemos marcado ate agora cunha periodicidade específica, pasa a ser un comedor aberto cada día. Contamos contigo para que veñas a comer con nos, e a sorprenderte coa creatividade que estamos a desenvolver na cociña con tanta xente de todas partes 😉

A Fronte de Comunicación, o MediaLab

Coa chegada de Leo e Rafa dende Brasil, e a maior organicidade de Sauko este verán que entra, a fronte de comunicación e medialab vai medrar, afrontando retos que tiñamos pendentes, coma o de mellorar a comunicación sobre o que está a acontecer no espazo, amosar e comunicar eses detalles importantes, as persoas, os proxectos novos e as accións en rede. Agardamos coller maior presencia e facer mellor chamada nas redes e na vila. Os coñecementos do equipo en multimedia e audiovisual abriran tamén novas posibilidades de compartividade de coñecemento na Casa, abriremos obradoiros sobre imaxe e fotografía, e imos traballar en crear trocas cos artistas que poidan vir na casa através da criación de videos, deseños, etc.

Mais alén do traballo dixital, tamén temos pensado manchar as mans! En canto teñamos argalladas un par de cousas agardamos poder comezar con Sil e Julie algún obradoiro de gravado e serigrafía este verán, para facer as nosas propias camisetas, carteis e pezas de artesanía, mais un obradoiro de cabezudos para recuperar tradicións da vila que non queremos esquecer.

Casa Colorida, Universidade Libre

10915062_873948619366307_4341664995310113324_o 11059398_884654521629050_4067044949809481183_o

Estes días foron de moita aprendizaxe colectiva: Sil e Sauko deron palestras sobre a FairCoop, a Cooperativa global para unha economía ética, e sobre as redes locais, nacionais e globais coas que interactúa a Casa, coma a Rede Imaxinaria; Rossana impratiu un obradoiro sobre Reflexoloxía, e gracias ao enorme coñecemento de Didi, tivemos tamén obradoiros de xabón artesanal, de pasta de dentes con arcilla, de plantas medicinais, que nos empoderaron un pouco mais na autosuficiencia. Ela e Arthur compartiron tamén con nos a súa experiencia no festival Be-In de Portugal, un encontro sobre sanación e experiencias espirituais do que trouxeron videos e imaxes super interesantes.

Logo destes días tan intensos, a Casa sigue o seu desenvolvemento, pronto no Festival Comum de Porto, dando soporte no Festival de Baiña ou artellando a colaboración para a vindeira Feira Imaxinaria en Valadares. Seguen a chegar novos Woofers e amigxs, segue o verán e todas as actividades, vermús e celebracións… Seguimos!