RESIDENCIA SOCIOCULTURAL:

Algúns conceptos, eidos e etiquetas que orientan as labores socioculturais por medio das cais os equipos de traballo e as residentes promoven, activan ou construen procesos pluriculturais, sociedade empoderada e máis xusta e outra forma de vida baseada no apoio mutuo dende o Laboratorio Casa Colorida.
 tags_sociocultural

ABERTA PERMANENTEMENTE

A calquera persoa que desexe participar activamente nunha “frente de acción” do Laboratorio Casa Colorida en calquera dos seus espazos ou proxectos, nun proceso vivencial e de aprendizaxe empírico , coa facilitación de algunha das persoas coordinadoras do frente de acción escollido, e baixo o modelo organizativo e autoxestionado deste lab.

DURACIÓN E COBERTURA.


O tempo por defecto destas residencias son cunha duraciòn mínima de unha semana e máxima de 15 días.
Se a persoa desexa ampliar a súa vivencia, podería ser revisado este acordo dependendo da capacidade de cobertura da caixa colectiva e das capacidades que teña adquirido a residente na súa estadía para poder coordinar algun frente de acción.

 Se a caixa colectiva non dera a cobertura, pero a coordinación da persoa resultara beneficiosa para o común, terá a posibilidade de ampliar a súa  vivencia cunha aportación en 8 patacos ou 160 Faircoins diarios.
Esta residencia estaría sempre suxeita a unha avaliación semanal na asamblea de coordinación.

 

DEVOLUCIÓN AO COMÚN

 

A persoa residente terá as seguintes corresponsabilidades:

Adicación de mínimo 4 horas a colaborarar no frente de acción que teña escollido para a súa residencia e nas labores colectivas diarias, coma limpeza, cociña e participación nas asambleas e reunións do Laboratorio Cidadán.

Sistematizará as súas labores nas ferramentas dixitáis da Universidade Colorida, aportando así á mostra da existencia doutros eidos de coñecemento non reglados ou non validados pola “academia” e á evidenciación de que son importantes e se están dando o tempo todo ao noso redor para a contrucción do mundo no que vivimos e sobre todo de cara á construcción dese outro mundo que impulsamos dende este Laboratorio Cidadán.


CRITERIOS E PROCESO DE SELECCIÓN

Se priorizarán tanto as vontades de trocar, crecer e ampliar coñecemento coma as capacidades de aplicación dos obxetivos que o Laboratorio se propón en calquera das súas frentes de acción.
Se valora positivamente a personalidade activa, crítica e constructiva, e en ningún caso se aceptarán persoas con éticas contrarias ou contestatarias á Cultura Libre, á Autoxestión, ao Autogoberno e á Desobediencia.

 

Podes facer unha residencia socio_cultural solicitando datas o mail residencia@casacolorida.net