Acreditamos que a mellor metodoloxía para a TROCA DE COÑECEMENTO, tecer redes e sumar forzas para un Novo Mundo Posible é a través dun PROCESO EMPÍRICO .

Para iso este espazo autoxestionado abre RESIDENCIA TEMPORAIS para calquera persoa que concordando cos principios e éticas da CulturaLibre, o activismo hacker, o decrecemento e a desobediencia podan pasar un tempo en vivencia colectiva e universidade libre de tódolos procesos que neste Laboratorio Cidadán estén en activo.

Se estas a imaxinar un lar onde a colaboracion entre persoas fai posible a sustentabilidade, desenvolvemento e agregacion de redes activistas , circuitos artisticos con eticas da cultura libre.

Se estas a imaxinar un lar onde a vivencia e a interaccion entre parceras é terra fértil onde o intercambio de saberes sementa novas metodoloxías  para construir xuntas un novo mundo posible.

Se estas a imaxinar un lar onde poder desenvolver os teus proxectos activistas, ou o tes,  pero non contas coa cobertura loxistica para achegarte oá comarca do Val Miñor ou ao territorio do baixo miño.

Se estas a imaxinar un lar onde poder adicarte a desenvolver o teu proxecto artístico nun eido facilitador destes procesos.

Tes que saber que en Nigrán, dende hai tres anos, unha xentiña deixou só de imaxinar para facer, na vivencia, un espazo autoxestionado asambleado basexado nas éticas da Cultura Libre, para facilitar a circulación e o traballo de activistas, artistas e axentes sociais.

O funcionamento das residencias e moi sinxelo se queres compartir experiencias nesta vivencia colorida.

 

Comprendemos os espazos de RESIDENCIA COLORIDA coma un “campus permanente” dunha Universidade Libre que por medio dunhas vivencias temporais se poden trocar coñecementos ( tod@s e tod@s aportamos e recibimos) e por medio da sistematización deste sistema de vida alternativa, podemos ir protocolizando cada avance cara á sustentabilidade, co obxetivo de que outros espazos ou coletivos podan recoller os nosos sucesos e erros e sirvan de axuda ou aporte para outras experiencias en pro do común.

 

Para iso este espazo autoxestionado abre RESIDENCIA TEMPORAIS para calquera persoa que concordando cos principios e éticas da CulturaLibre, o activismo hacker, o decrecemento e a desobediencia podan pasar un tempo en  vivencia colectiva de tódolos procesos que neste Laboratorio Cidadán estén en activo.

  • RESIDENCIA ACTIVISTA
  • RESIDENCIA SOCIOCULTURAL
  • RESIDENCIA ARTÍSTICA
  • RESIDENCIA WOOFER

HOSPEDAXE: Os cuartos da casa están á disposición de todas aquelas persoas que desexen realizar un intercambio colaborativo coa mesma pactado cos seus  habitantes. Asemade, os dormitorios dispoñen de auga quente, internet e cuarto de baño. Para iso escolle o TIPO DE RESIDENCIA que desexas facer e escribe ao correo residencia@casacolorida.net para facer a túa proposta.

DSC_0019 DSC_0013  suit-colorida-2016

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ESPAZOS COLECTIVOS: