RESIDENCIA ARTISTICA
 Conceptos, eidos e etiquetas que envolven actividades artísticas susceptibles de interactuar  no Laboratorio Cidadán Casa Colorida.

ABERTA MEDIANTE PROPOSTA DIRECTA DO/DA ARTISTA.

Para facer unha proposta de residencia, o/a artista terá que enviar un breve perfil e un esbozo da proposta artística.

DURACIÓN E COBERTURA.

As condicións  desta residencia serían tratadas e acordadas específicamente con cada  proxecto artístico.
Hospedaxe  completa e acompañamento adicada a proxectos artísticos con INCIDENCIA  CIDADANA  ou ACTIVISMO  na CULTURA LIBRE  e orientada ao desenvolvemento  dunha acción artistica en conxunto coa Casa Colorida.
Esta residencia  se activaría despois dun traballo de deseño e producción colaborativa do proxecto artistíco coa Artista e o Laboratorio Colorido.

DEVOLUCIÓN AO COMUN.

A propia obra será concebida coma un aporte ao común.  No obstante, esta residencia está suxeita a que o/a artista terá que facer parte das tarefas comuns do Coletivo Colorido no espazo da Casa, oq ue supón unha adicación de duas hora diarias en tarefas concretas coma limpeza, cociña e lavandería.

 

CRITERIOS E PROCESO DE SELECCIÓN

Calquera proposta artística que teña incidencia en crisis ou demandas sociais, agresión ao patrimonio cultural ou medioambiental,  que esté libre ou pretenda liberar a autoría da creación artística permita as copias, e facilite a distribución, circulación, intercambio, cocreacion, e interacción inclusive con outros eidos non artisticos, sempre será ben acollida para seren realizada coa facilitación e o apoio do Colectivo Colorido.

Podes solicitar  unha residencia artistica contactando no mail residencia@casacolorida.net