-RESIDENCIA ACTIVISTA

Conceptos, eidos e etiquetas que se ven obligados a desenvolverse á marxe e/ou en paralelo ao patriarcado e ao sistema  liberal capitalista  que orientan o activismo que envolve ao Laboratorio Casa Colorida.

 tags_activismo

Comprendemos o activismo como esa actividade que fan as persoas de calquera condición, edade e xénero, que ven unha necesidade de mudanza e adican o seu tempo ao respecto, normalmente estimulados e motivados pola paixón e a visión dun mundo mellor.

É unha condición natural en algunhas persoas, pero tamén pode ser detonada por una afectación ou agresión agresión á súa comunidade.

Sabemos que somos poucas persoas no mundo exercendo estas labores, que precisamos estar conectadas enrede, optimizar esforzos e trocar o máis posible os coñecementos para acadar os obxetivos que nos marcamos.

Con este fin prioritario este Laboratorio Cidadán activou esta residencia permanente que trata de sustentar, acoller e facilitar o activismo tanto como a estrutura, as forzas coletivas e as economías nos permiten.

 

 ABERTA PERMANENTEMENTE

A calquera persoa que veña desenvolvendo activamente calquera proxecto no que o  Colectivo Colorido esta envolvido ou en calquera outro proxecto recoñecido que xa esté en activo desenvolva na praxe as éticas da CulturaLibre,  Hacker,  Decrecemento, e a Desobediencia.

 

DURACIÓN E COBERTURA.

O tempo que sexa preciso e convenido co colectivo coa cobertura de hospedaxe completa.

 

DEVOLUCIÓN AO COMÚN

Se comprende que a persoa activista que faga esta residencia , xa ven sendo o traballo que desenvolve nesa frente de acción a través da sua forza de colaboración a tempo completo o tempo que esté en residencia.

 

CRITERIOS E PROCESO DE SELECCIÓN

As activistas que contacten coa Casa Colorida ou con calquera persoa do Colectivo Colorido, teñen prioride na calendarizacion de residencia.

Envía a túa solicitude a residencia@casacolorida.net ou chama o telefono 644 324 389.