PRINCIPIOS e OBXETIVOS

O obxetivo principal é servir de Laboratorio Cidadán/Aldeán en permanente PROCESO de desenvolvemento de outro ECOSISTEMA alternativo baseado na CULTURA LIBRE.

O Laboratorio sirve para realizar EVENTOS, PROXECTOS e VIVENCIAS facilitadas e coordinadas por unha ORGANIZACIÓN COLETIVA AUTÓNOMA  ,autoxestionada, inclusiva e horizontal, SISTEMATIZANDO e COMUNICANDO en aberto para o COMÚN todo o proceso dun xeito transparente e de acceso libre de cara a que outras persoas e proxectos que empaticen con estes principios, podan optimizar a nosa experiencia coas nosas luces e as nosas sombras.

Ten como propósitos, facilitar a cohesión social e fortalecer relacións sociais descentralizadas P2P, máis respetuosas e igualitarias, acollendo propostas cidadanas de acción sociocultural no territorio do Val Miñor e en conexión con outros territorios cos cuais podería criar procesos en Rede dentro dos principios de #CulturaLibre e #CódigoAberto.

 

MODELO ORGANIZATIVO de PARTICIPACIÓN ABERTA a tódala cidadanía e colaborador@s do proceso baixo unha metodoloxía asamblearia a través da que tod@s podemos construir xunt@s.

*** FORO COLORIDO é un espazo de encontro aberto para toda a cidadanía no debate sobre cuestións tanto do territorio do Val como sobre o propio Laboratorio da Casa Colorida.

*** ASAMBLEA é unha ferramenta horizontal de definición, construcción e ratificación do proceso do Laboratorio Colorido e os seus proxectos, nos que calquera persoa se pode achegar, colocar puntos na Orde do Día e participar nos debates que den luz ó Coletivo Colorido para ir chegando a consensos na toma de decisións que vaian mellorando o proceso.

A toma de decisións do proxecto está supeditada ó Coletivo Colorido, que serán aquelas persoas que se responsabilizan en levar a cabo o desenvolvemento de proxectos que atendan integralmente as catro frentes de Traballo para o desenvolvento da Cultura Libre.

 

FRENTES DE TRABALLO:

  1. ECONOMIAS ALTERNATIVAS
  2. REDES
  3. MEDIALIBRE
  4. UNIVERSIDADE LIBRE

Residencia Colorida
Horta Colorida
Hacklab Colorido
Talleres e Eventos