Xuntas argallamos o paro do 8M!

Posted · Add Comment
When:
8 Febreiro, 2018 @ 6:00 p.m. – 8:00 p.m.
2018-02-08T18:00:00+01:00
2018-02-08T20:00:00+01:00
Where:
Casa Colorida
Rúa Rosalía de Castro
16, 36350 Nigrán, Pontevedra
España
Cost:
Free
Contact:
Casa Colorida

Benvidas a todas!

 

Ó paro internacional do vindeiro 8 de Marzo tamén se suma á Galiza.
En rede e coordinadas Vigo, o Val Miñor e o Baixo Miño. Baixo un aplicativo común de colaboración, descentralización e autoxestión imos sumar a nosa forza e rebeldia a este gran paro.

 

De norte a sur as actividades e a organización para o 8M xa están en marcha! (asambleas, obradoiros, encontros…) Nós paramos!

 

Dende a Casa Colorida en Nigrán, queremos sumar accións ao PARO do próximo 8 de Marzo. Para iso imos sumarnos todas, fagamos o que fagamos. Activistas, Amas de Casa, Comunicadoras, Coidadoras, Colectivos, Fotógrafas, Artístas, Asociacións, Limpiadoras, Xestoras, Dependentas, Veciñas, Redactoras, Mariscadoras, Actrices, Comunidades, Bailarinas, Paisanas… Persoas e colectividades con ideas e ganas de compartir que queiran sumarse a autoxestión dos eventos, que terán lugar entre o 5 e o 8 de Marzo, en Vigo, no Val Miñor, e no Baixo Miño

 

Dende a Casa colorida chamámosvos a xuntarnos o vindeiro 8 de Febreiro, no CSA Casa Colorida, para un primeiro encontro de coordinación das actividades, asambleas e encontros que desenvolveranse na contorna do ValMiñor.
Se estás interesada en coñecer máis, practicar, ou sumerxirte nas ferramentas de autoxestión e organización cultural colaborativa, esta é a túa ocasión de arrumar as túas forzas e vontades. Xuntas argallamos o paro e a xuntanza para a semana do 8M!
Escríbenos a este enderezo electrónico ola@casacolorida.net para inscribirte nas xornadas de autoxestión do paro internacional no Val Miñor.

 

Ademáis, no seguinte enlace atoparás un documento Ethercalc, onde podes inscribir as túas propostas de actividades. (Encontros, palestras, performance, obras escénicas, obradoiros…etc e o que che preste compartir.) Neste documento poderas inscribirte nos diferentes espazos que en rede estamos facendo parte do paro internacional do 8M.

 

Vigo:
Local Social Faísca de Vigo,
A quinta da Carmiña,
C.S. A Revolta do Berbês

 

Val Miñor:
Casa Colorida

 

A Guarda:
C.s. Fuscalho

https://www.ethercalc.org/Programacion8Mparamos

 

Estas propostas estaranse coordinando a partires das proximas asambleas de cada espazo. Na Casa Colorida será o vindeiro 8 Febreiro. Súmaste!?

 

Somos lesbianas, travestis, trans, gordas, traballadoras sexuais, mulleres en situación de prostitución, pobres, indíxenas, vellas, xóvenes, adolescentes, locas, con VIH, desocupadas, presas políticas, criminalizadas, negras, migrantes, refuxiadas, nais con diversidade funcional, amas de casa, empleadas domésticas, coidadoras, campesiñas e urbanas, das periferias e nas fronteiras. Se nos paramos, paramos o mundo! Sumate a rebelión feminista!

 

Comparte, achega e facilita esta chamada e esta lista para inscribir propostas!
E escríbenos en canto queiras se esta chamada chegou a ti e senón, axúdanos a mellorar xuntas!

Comments are closed.