Concerto Matinal Earan

Posted · Add Comment
When:
15 Abril, 2018 @ 1:00 p.m. – 2:00 p.m.
2018-04-15T13:00:00+02:00
2018-04-15T14:00:00+02:00
Where:
Casa Colorida
Rúa Rosalía de Castro
16, 36350 Nigrán, Pontevedra
España
Contact:
680333725

Este domingo 15, mais un Concerto na Casa Colorida ás 13h da man de Earan, disfrutaremos dunha interpretación sui generis da música tradicional galega e celta, carregada de arpexios, cores e melodías.

Rói Earan parte dunha formación clásica que mestura coa tradición galega. Multiinstrumentista con influencias amplas e diversas, dende o grunge de Seattle, o rap, a musica ambient electrónica e o Doom Metal ate a música barroca.
Este será o primeiro dos seus concertos de primaveira. O 21 de abril estará na Festa da Árbore en Ponte Caldelas e o 28 no Courel abrindo para Sangre de Muerdago.

Vas perder?

Coma sempre petiscos, cervexa artesanal e limoada da Horta Colorida 🙂

Comments are closed.