Obradoiro de Cestería

Posted · Add Comment
When:
13 Maio, 2018 @ 10:30 a.m. – 6:30 p.m.
2018-05-13T10:30:00+02:00
2018-05-13T18:30:00+02:00

O 13 de Maio na Casa Colorida, dámonos á botella!

 

Convidámosvos a participar neste Obradoiro de Cestería no que coñeceremos os principios básicos deste oficio artesán dende a praxe.
Nel achegarémonos ás técnicas de tecido con fibras vexetais e ademais levaremos para casa unhas pezas ben chulas!
Forraremos botellas con fibras de diferentes cores e tamén faremos pequenos candeeiros.
Este obradoiro o desenrolará Julia de la Cal – La Parabólica, deseñadora,  artesá e parceira colorida. Aquí podedes ver unha escolma do seu traballo: laparabolica.com

 

Recordade! Domingo 13 maio de 10:30 a 18:30

O prezo deste obradoiro inclúe os materiais de tecido.
Podedes traer a botella que máis vos guste, sempre que sexa unha botella de base redonda.

 

Prezo do Obradoiro : 40€ / 30 Faircoins.
Prezo Familiar*: 60€ / 50 Faircoins.

Prazas limitadas.
Non é necesario ter coñecementos previos de cestería.
* Atendendo á diversidade das unidades familiares, entendemos que o prezo familiar pode aplicarse a: 1 adultx + 1 crianza; n(p)ai + fillx (independentemente da idade); irmás, parellas ou compas de casa, por exemplo. Crianzas: a partir de 8 anos.
** O prezo non debería ser un obstáculo para participar do obradoiro. Se alguén ten moito interés e isto suponlle unha dificultade, pode consultalo por email.

 

Ademais A Casa Colorida ofreceranos un xantar vexetariano, para quen lle apeteza. Prezo do Xantar: 5€ / 5Faircoins

 

+ Info e inscricións: 
julia@laparabolica.com
+34 699 616 929

 

Aquí podedes informarvos máis https://use.fair-coin.org/es/
E se vos interesa esta forma de pago, faremos un café explicativo para coñecer a moeda social e virtual “faircoin” e o seu ecosistema económico FairCoop, a través do voso teléfono ou ordenador poderemos instalar unha carteira coa que podedes mercar faircoin e realizar o voso pago nesta moeda, durante o día de obradoiro. Vémonos ás 10:30h!!

Comments are closed.