Íntimo Común Múltiplo: espazo de intervención, encontro e expresión.

Posted · Add Comment
When:
11 Febreiro, 2018 @ 1:00 p.m. – 2:00 p.m.
2018-02-11T13:00:00+01:00
2018-02-11T14:00:00+01:00
Where:
Casa Colorida
Rúa Rosalía de Castro
16, 36350 Nigrán, Pontevedra
España
Contact:
Gravidade 0,0 // Axencia Socio-Cultural da Casa Colorida

Íntimo Común Múltiplo: espazo de intervención, encontro e expresión

Casa Colorida. Nigrán, Rosalía de Castro 16
Domingo 11 de Febreiro ás 13h – Entrada Inversa –
Dentro do Vermut da Colorida.. cervexa artesá e pintxos varios

Creación: Gravidade 0.0
Actuante/Performer: Xandra Táboas
Asistencia técnica: Manuel Hermida
Fotografía: Raquel Brandián
Video: Serxo González

 

O que nos fai feliz, o que nos fai infeliz. O íntimo que se volve público; o público que se deixa ver, sentir, que ispe e desprega nese ser íntimo común múltiplo. Do ti ó eu, dese eu que son ti e somos todas multiplicadas en mil pedazos de cristais rotos que recollo e reconstrúo para formar parte dese todo común, e deixar de sentir a túa ausencia.

 

Intervención a cargo dunha actuante/performer que cede o seu corpo e voz para se converter en canle de comunicación entre o eu e o nós. A arte disponse a propiciar o espazo e as ferramentas para que se poida dar un primeiro contacto humano no seu plano físico e emocional. Establecer a participación e o contacto, suxerir e convidar a que se produza a comunicación a través do encontro e a expresión. Unha primeira toma de contacto entre individualidades que propicie un diálogo posterior.

 

ARTE PARA A TRANSFORMACIÓN
ARTE É ACCIÓN

Comments are closed.