INICIO OBRADOIRO E LABORATORIO TEATRAL

Posted · Add Comment
When:
3 Marzo, 2018 @ 10:00 a.m. – 1:00 p.m.
2018-03-03T10:00:00+01:00
2018-03-03T13:00:00+01:00
Where:
Casa Colorida
Rúa Rosalía de Castro
16, 36350 Nigrán, Pontevedra
España
Contact:
Alba Grande
645179425
///// INICIO OBRADOIRO E LABORATORIO TEATRAL //////
 
” A DESCUBERTA DO PROPIO SER EXPRESIVO PARA A CREACIÓN ESCÉNICA ”
 
A través do clown, danza, teatro de obxectos e outras técnicas e disciplinas do traballo da escea.
 
 
Este obradoiro-escola consta de sesións-laboratorio de artes escénicas.
 
As sesións ocorrerán, de partida, un día pola semana. Os sábados de 10h a 13h con algunhas pequenas pausas necesarias, no espazo-sala da Casa Colorida (16, Rosalía de Castro, Nigrán).
 
Teatro, teatro, teatro, que é o teatro? Tamén é danza, obxectos, marionetas, movemento, corpo, voz e sobre todo acción. Iso é, o entreno na disposición á acción.
A través do xogo, experimentaremos as relacións con nós mesmas, cos entornos e coa colectividade. O movemento, o son vogal e a manipulación de obxectos, ofreceránvos en diferentes etapas, a posibiblidade de descubrirvos na vosa expresión particular e única. Un espazo que conformamos e configuramos para identificarnos no sentimento de liberdade, que sóamente pode nacer de nós mesmas.
 
As ferramentas teatrais invitan ao xogo todo o rato, que será a metodoloxía principal para achegarnos á experiencia da expresión física; ésta é por defecto creativa e ten as calidades para trascender ao artístico.
É un laboratorio porque cada participante observará e indagará nos seus propios límites, en relación coas outras participantes e o seu entorno, recoñecéndose ou non. Chegar a este punto de partida nos predispón á creación liberadora, nova e única; única, polas circuntancias que chegamos a configurar, a través do noso xogo e das nosas indagacións.
Segundo a implicación, interese e compromiso das participantes, o obradoiro irá evolucionando e trascendendo nas súas propostas e obxectivos.
 
 
Invítovos a formar parte dun obradoiro continuado, semanal e intenso, no que un dos obxectivos finais é crear cultura; mudar a cultura do conformismo e da adaptación ao que non nos motiva realmente, para empoderarnos no noso dereito a crear a nosa cultura: a rutina do que facemos e do que usamos de xeito cotián e o gusto por ela. A cultura que nos permite desenvolvernos no que somos realmente, a que non nos xulga polos nosos defectos, a que realza e alumea as nosas capacidades físicas, cognitivas, sociais e creativas.
As ferramentas e obxectivos acadados serven para a aplicación personal na vida de calquera, e tanto dá como sexas ou cómo penses que es.
Non sería así posíbel, sentirnos que pertencemos a unha cultura viva e digna da nosa historia? – Tanto se estás dacordo coma se non, este é o teu espazo, para probar, actuar, reflexionar, criticar e construirmos xuntas dende o ser único que somos individualmente.
Só para persoas dispostas ou con ganas de explorar máis aló dos seus límites propios, e tanto dá se son amplios ou curtos.
 
Ferramentas utilizadas para as experiencias escénicas: Expresión corporal, expresión sonora e vogal, quecementos e estiramentos axeitados ao traballo de cada sesión, interpretación con máscaras, danza e movemento, paiasa (clown), teatro de monicreques de luva, teatro de monicreques de mesa e outras superficies, teatro de obxectos, improvisación e outros exercizos e prácticas inspirados na biomecánica teatral, o teatro de augusto boal e outras técnicas que nos predispoñen a experimentar as verdades da nosa naturalidade física e metafísica.
 
 
Para mais información e inscripcións:
 
albagrande@riseup.com
645179425 (Alba)
www.casacolorida.net
Ilustración do cartaz da marabillosa Andrea Tolaini, Ilustradora Brasileira

Comments are closed.