I XORNADAS ECONOMIA SOCIAL – GONDOMAR

Posted · Add Comment
When:
22 Abril, 2017 all-day
2017-04-22T00:00:00+02:00
2017-04-23T00:00:00+02:00
Where:
Auditorio Lois Tobio
Lugar Urbanización Miñor
0 S N, 36380 Gondomar, Pontevedra
España
Cost:
Free
Contact:
Sil / Xose Anton
615587557 / 665975289

Iniciamos a “I Xornada de Economía Solidaria en Gondomar” o día 22 de abril no auditorio Lois Tobío.

Estamos ante un mundo capitalista que acaba coa esperanza dos/as máis febles, dende as institucións e dende a cidadanía organizada, temos a obriga de velar polas nosas xentes, temos que traballar polo ben común, pola millora da calidade de vida dos/as nosos/as veciños/as.

 

Hai alternativas e temos que dalas a coñecer e polas en valor. Outro mundo é posible sen tanta inxustiza.

 

Sendo conscientes da necesidade de fortalecer a ecoloxía, o comercio de proximidade e a economía local, este encontro nos dará a posibilidade a que moitas teñamos máis coñecemento en outros eidos relacionados con estes obxetivos, coma pode ser o recoñecemento e xusto posicionamento das economías dos coidados, a necesidade de decrecemento do consumo non consciente, a creación e funcionamento de moedas sociais coma ferramenta moi importante que xa se utiliza en moitas partes do mundo e que axuda a dinamizar o comercio local pra que éste sexa un xerador de emprego.

 

O obxectivo principal destas xornadas, é  abrir un proceso de pensamento sobre un posible modelo de Economía Social e Solidaria.

Tamén é obxectivo desta xuntanza, poder iniciar un proceso colectivo de activación doutra economía alternativa, cohesionando o comercio local e outras formas alternativas de consumo xa existentes no Val Miñor, así coma outras que ainda están por chegar.

 

Alén destes concetos, teremos  dinámicas colectivas e palestrantes que desenvolven na praxe e no seu día a día experiencias moi inspiradoras de economía alternativa, innovadora e re-evolucionaria, tanto no territorio galego coma alén del.

 

Xavier Simón, JOrdi Flores, Manuel Amigo, Oscar Górriz e Enric Durán, nos van acompañar ao longo desta xornada, explicando cómo crearon e viven eses modelos alternativos de economía.

 

 

Aqui o programa completo da xornada.

 

Presenta e conduce o evento Tareixa Otero.
10:30. Palestra de Xabier Simón sobre as perniciosidades do Capitalismo + Debate
11:30. Dinámica colectiva.
12:00. Audiovisuais curtas sobre postcapitalismo de Yayo Herrero e Esther Vivas.
12:30. Descanso. Café acompañado das Pandereteiras Xarelas da Touza (Priegue)
13:00. Experiencia da Ecoxarxa Tarragona con Jordi Flores + Debate.
14:00. Descanso para Xantar. Haberá postos de comida agroecolóxica no exterior do auditorio.
16:00. Experiencia de Santa Comba con Manuel Amigo + Debate.
17:00. Dinámica colectiva para tódalas asistentes  acompañada de merenda.
18:00. Experiencia FairCoop con Oscar Górriz e Enric Durán + Debate.
20:00 Peche e valoración.
____________________________________

Para as persoas de fora do Val Miñor que queiran facer parte deste evento, colaborar nas dinámicas colectivas e aportar unha forza ese mesmo día, se abre unha hospedaxe solidaria na Residencia Casa Colorida. Para iso será preciso enviar un mail a este enderezo:  residencia@casacolorida.net

 

 

Comments are closed.