Espectáculo Humorístico ”Premios Darwin” // Carmen Conde

Posted · Add Comment
When:
25 Febreiro, 2018 @ 1:00 p.m. – 2:00 p.m.
2018-02-25T13:00:00+01:00
2018-02-25T14:00:00+01:00
Where:
Casa Colorida
Rúa Rosalía de Castro
16, 36350 Nigrán, Pontevedra
España
Cost:
Taquilla Inversa
Contact:
Carmen Conde // Axencia Socio-Cultural da Casa Colorida

O Domingo 25 de Febreiro temos na Casa Colorida a Carmen Conde co gran espectáculo Premios Darwin.

 

 

”Premios Darwin”, espéctaculo en xita no último ano, é o resultado da recolleita de historias arredor da morte ocorridas en Galicia e alén das súas fronteiras. Efectivamente, todo o contado e verdadeiro.

Coa excusa dunha entrega de premios, na que o galardón será unha gadaña, Carmen Conde vainos achegar un dos tabús, asi coma unha das tradicións, de máis fondo arraigo na nosa terra. Cada candidato será unha excusa para contar un relato do humor máis negro e máis real. ADN galego.

A ver, non todo, que tamén hai ”Mellor Morte Estranxeira”.

Pero non só Carmen fai posible todo isto, hai máis xente:

Escenografía: Bieito Mirando.
Deseño corporativo: Marta Castro.
Audiovisual: Xabier Piñeiro.
Técnico: Nuno André Novo.

 

 

 

Mais falemos un intre da vida de quen é tan teiumuda coa morte… Carmen Conde

 

Licencia en filoloxía Hispánica pola USC, diplomada en Dramaturxia pola ENERC (Buenos Aires). Autora de Relatos breves para crianzas e adultas, humorista de comedia unipersoal con varios espectáculos no seu haber ”Las Muñecas Rusas”, ”Trinidad”, ”El Efecto Kuleshov”, ”Contos Ultramarinos” ou ”Premios Darwin”. Guinista en Dama Negra films e en falperra Producciones. Dramaturga e directora na compañía Atesta, de ADECEGO ( Asociación de Dano Cerebral de A Coruña).

Contadora para crianzas en ”Os Tres Contantes e Sonantes”. Dende 2009 imparte obradoiros de relato breve, microrelato e narración oral.

 

 

Para mais info do espectáculo e de Carmen:

http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/a-actriz-e-humorista-carmen-conde-presenta-a-obra-premios-darwin

 

 

Taquilla inversa e coma sempre cervexa artesanal Trisk-Ale Cervezas e pintxos da horta Colorida ❤️

Comments are closed.