Crianza con Apego: Claves para un Apego seguro e acompañamento emocional de 0 a 3 anos

Posted · Add Comment
When:
9 Febreiro, 2018 @ 6:00 p.m. – 8:00 p.m.
2018-02-09T18:00:00+01:00
2018-02-09T20:00:00+01:00
Where:
Casa Colorida
Rúa de Rosalía de Castro
16, 36201 Vigo, Pontevedra
España
Cost:
15€ + Outras Economias
Contact:
Natalia + Axencia Sociocultural da Casa Colorida

Crianza con Apego: Claves para un Apego seguro e acompañamento
emocional de 0 a 3 anos

1. Introducción

O establecemento de un Apego seguro na primeira infancia constitúe un aspecto principal a ter en conta na promoción dunha saúde emocional, física e psicolóxica dos nenos e nenas, con repercusión na súa vida adulta e no funcionamento familiar e social. Darlle atención a este aspecto da crianza supón poder realizar unha prevención que repercuta nas vindeiras xeracións e favoreza o benestar familiar. Por iso é necesario poder ofrecer claves para que o apego e a vinculación temprana poidan establecerse dunha maneira que serva como xerador de benestar e confianza, detectar casos nos que se poida estar dando dificultades no seu  establecemento e dar a oportunidade de crear rede e expresar as inquedanzas propias do periodo de crianza.

2. Obxectivos

A charla ten tres obxectivos principais:
a) Dar información sobre a importancia do Apego e Vinculación temprana no
desenvolvemento e saúde dos nenos e nenas
b) Ofrecer claves para poder establecer unha vinculación e apego que partan dunha base
segura que xenere benestar intra e extrafamiliar
c) Crear un espacio de intercambio no que poder expoñer dúbidas e crear rede de crianza

3. Estrutura

A charla estrutúrase nos seguintes puntos:
a) Que é a Crianza respetuosa?
b) Tipos de Apego
c) Claves para establecer un Apego seguro
d) A importancia do periodo perinatal
e) Desenvolvemente psicoemocional de 0 a 3 anos
f) Desenvolvemento psicoemocional de 3 a 6 anos
g) Aspectos relevantes para o acompañamento emocional de 0 a 3 e de 3 a 6 anos

4. Duración

A charla ten unha duración de dúas horas

5. Facilita

Natalia Guedella Sebastián, Psicóloga Colexiada G-5137, certificada en Saúde Mental
Perinatal

6. Aportación

A aportación é de 15€ por familia, abrindo tamén outras economías:  trueque, moeda social da Casa Colorida, ou o acordo que se chegue coa facilitadora.

Para participar previamente tes que incribirte no mail natalia.guedella@gmail.com

Comments are closed.