A comunicación é un dos entornos que pode facilitar o terreno para a construcción dunha sociedade horizontal, distribuida, consciente

A superioridade das organizacións verticais jerarquicas sobre a sociedade distribuida e autónoma horizontal e en rede se deu porque estas últimas se topaban con límites materiais que vencer, principalmente relacionados coa tecnoloxías.

A nosa sociedade (no norte) hoxe amplamente tecnoloxizada superou esa barreira, so é preciso liberar as tecnoloxías,  abrir as licencias e o coñecemento e tomar a decisión de empoderar e usar as comunicacións e os seus procesos libres en redes distribuidas, con dato aberto baixo os principios da #CulturaLibre.

O noso contexto histórico marcado polos procesos de globalización e a sociedade en rede, dependen de redes de comunicación que porcesan o coñecemento e as ideas para crear ou destruir a confianza, a fonte decisiva do poder, e é sa confianza será construida so a través da transparencia e tamén asegurando a privacidade e compartividade dos nosos datos en entronos comuns, afins e fora do dominio das masas, poderes e capitalización dos nosos recursos culturais e informativos.

A comunicación baixo canles e narrativas dos mass media que favorecen a sectores e grupos de poder específicos que as dominan, exercen unha homoxenización e servilismo perigoso para a diversidade e autonomía social e cultural.

Hoxe ese exercicio de poder da comunicación está facendo un dano irreparable nas especificidades culturais e formas de vida alternativas, pois carecen de manexo propio, autónomo e libre.

 

Precisamos recuperar linguaxes e imaxinarios específicamente narrativas das culturas que nos representan.

Precisamos tamén xerar novas rarrativas que traducen e visualizan as propostas alternativas da sociedade e novas culturas que imaxinamos e propoñemos outro mundo posible.

Precisamos innovar, crear e usar ferramentas, tecnoloxías analóxicas, softwares, plataformas, imprenta e prensa libres de licencias e poderes restrictivos.

Precisamos comunicarnos tamén baixo Sistemas de seguridade informática e sistemas en rede de pares da información.

Precisamos e practicamos a transparencia e coñecemento aberto.