Asamblea Colorida

Posted · Add Comment
Salon Multiusos Asamblea

Martes ás 12:00

     A Casa Colorida é un Laboratorio do Común para o desenvolvemento integral da CULTURA LIBRE.

 

Inserimos as  nosas liñas de accion dentro dun MODELO ORGANIZATIVO de PARTICIPACIÓN ABERTA a tódala cidadanía e colaborador@s do proceso baixo unha metodoloxía asamblearia a través da que tod@s podemos construir xunt@s.

 

 

 

Porén aqueles cidadáns que asi o desexen poden achegarse ó espacio Casa Colorida todolos martes ás 18:00 hs, para participar connosco nun eido de construccion colectiva.  A seña da casa é Rosalía de Castro 16, Nigrán.

 

 

 

Entendemos á ASAMBLEA coma unha ferramenta horizontal de definición, construcción e ratificación do proceso do Laboratorio Colorido e os seus proxectos, nos que calquera persoa se pode achegar, colocar puntos na Orde do Día e participar nos debates que den luz ó Coletivo Colorido para ir chegando a consensos na toma de decisións que vaian mellorando o proceso.

 

 

 

 

A toma de decisións do proxecto está supeditada ó Coletivo Colorido, que serán aquelas persoas que se responsabilizan en levar a cabo o desenvolvemento de proxectos que atendan integralmente as catro frentes de Traballo para o desenvolvento da Cultura Libre.