O Laboratorio Cidadán Casa Colorida,  centra as súas actividades eproxectos en diversos FRENTES DE ACCIÓN  que tratan de ir virando cada vez máis integrais e transversais ao resto de frentes, sempre dentro das éticas da #CulturaLibre e cun claro retorno aos #Comúns.

 

FRENTE NOS AMBIENTE: Este frente parte do coidado da relación entre nós e o ambiente, que son un ben común, segundo as ideas da ecoloxía, da permacultura e da sostenibilidade e saúde das persoas, dos pobos e do noso ambiente.   Aplicando o concepto de cultura libre e a colaboración, tratamos de tomar consciencia do xeito en que a nosa cultura galega modula esta relación, para conservar e poñer en valor o positivo que a caracteriza, e traballar por mellorala e desenrolala entre todos dende a sabedoría e o facer popular.

 

Proxectos:

  • HORTA COLORIDA: Espazo de interacción das artes, intercambio de coñecemento e producción na ecoloxía,  permacultura,  bio-construcción, autonomía enerxética e soberanía alimentaria.
  • BANCO DE SEMENTES ECOLÓXICAS:  Punto de intercambio e custodia de sementes ecolóxicas producidas na Horta Colorida.
  • REDE HORTAS VAL MIÑOR: Automapeo de hortas minifundistas ecolóxicas no territorio do Val Miñor.
  • XORNADAS NOS AMBIENTE: Encontros anuais de debate, mostra e visualización de experiencias e alarmas no ámito medioambiental con incidencia no Val Miñor.
  • TALLERES relacionados: CESTEIRIA TRADICIONAL, RECOÑECEMENTO e GASTRONOMIA CON PLANTAS SILVESTRES, PRODUCCIÓN de XABON, CENADORES SILVESTRES, FABRICACION CERVEXA ARTESANAL…e outros.

 

AXENCIA COLORIDA:

O Colectivo Casa Colorida da soporte ós artistas segundo as nosas posibilidades, ofrecendo un espazo de produción e mostra, materiais específicos, a inclusión nunha rede de espazos nos que actuar, difusión, aloxamento e manutención durante a súa estancia. A cambio pedimos que a entrada aos espectáculos sexa preferentemente a prezo libre (recaudación íntegra para o artista) e a colaboración no funcionamento da casa durante o seu uso.

MEDIA LAB:

Pretendemos dar a coñecer o proxecto da casa e as actividades que nela se realizan, así como potenciar o uso e participar na creación de medios de comunicación libres, abertos e autoxestionados. Actualmente estamos a traballar nunha ferramenta de comunicación dixital xunto con Lorea https://n-1.cc/g/lorea, nun servizo de mapeo e axenda local, e na creación dunha canle de televisión en atlantida.tv http://www.atlantida.tv/.

HACKLAB:

ECONOMIAS ALTERNATIVAS

A Casa promove unha economía social como alternativa ao diñeiro, a través do banco do tempo, do troco, e de outras formas de intercambio non cuantificables que posibilitan a todos o acceso a cultura e as relación económicas dun xeito máis humano.

UNIVERSIDADE LIBRE:

Abarcamos varios proxectos baseados na libre circulación e libre acceso a saberes e experiencias. A Casa ofrece o seu espazo para desenrolar obradoiros a prezo libre, debates, encontros… e como lugar de convivencia. A propia vivencia na casa é unha experiencia formativa na vida en colectivo e nos diferentes frentes de acción común. Por todo isto decimos que a casa é unha Universidade Libre. Polo de agora, temos obradoiros consolidados como Explosionarte (espazo creativo de experimentación artística), cestería tradicional, Vigolabs (laboratorio de software e hardware libre), e proxectos baseados na pedagoxía non directiva como é o Grupo de Crianza.

REDES:

Este frente ocúpase de trazar relacións de colaboración e apoio mutuo con outros espazos, colectivos, entidades… que queiran sumarse para, optimizando recursos e unindo forzas, construir unha alternativa forte ás formas de xestión tradicionais.